Logo Colegio Amor de Dios Verín
  • innovación
  • Voz Natura

VOZ NATURA

 

Dende hai máis de 20 anos, o noso Colexio participa activamente coa Fundación Santiago La Torre levando a cabo Proxectos Medioambientais encamiñados ao coidado e recuperación do contorno Medioambiental da nosa Vila.

Voz Natura é o programa de educación ambiental de La Voz de Galicia desenvolvido pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre desde o curso 1997/1998. O seu obxectivo é concienciar e implicar á comunidade escolar de Galicia na recuperación e defensa da natureza.

Desde a súa posta en marcha executáronse máis de 4.000 proxectos por toda a xeografía galega grazas á participación de 700.000 estudantes e máis de 33.000 profesores.

 

 

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, recoñece a coordinación dun proxecto Voz Natura como unha actividade de innovación educativa, co seu correspondente equivalencia como formación permanente do profesorado.

 

 

Un ano máis o noso Centro aposta por unha Educación en Valores, sendo o Medioambiental un deles. A participación durante máis de 24 anos nos Proxectos Voz Natura é a proba máis clara desa aposta, onde máis de 500 alumnos/as e máis de 30 profesores/as cada un dos Cursos organizan, traballan e desenvolven todo tipo de actividades Medioambientais, para acadar todos xuntos unha Educación Medioambiental que forma parte xa do noso ADN.

É por iso que neste Curso 2022/23 apostamos por o consumo responsable; o Proxecto “Penso, logo Consumo” pretende ser unha ferramenta coa que o alumnado adquira o valor do Consumo Responsable.

O consumo responsable é moito máis que unha tendencia. É unha alternativa ás lóxicas do consumo masivo que se basea en adquirir produtos sostibles e que que acheguen valores como a igualdade de oportunidades, a redución da pobreza, o traballo digno, a solidariedade e o coidado e a conservación do medio ambiente.

Preme aquí para ler o Proxecto Completo.