Logo Colegio Amor de Dios
  • Alumnado
  • Dinamización da Lingua Galega

DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA



O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Colexio AMOR DE DEUS basea a súa actuación no Plan de Normalización Lingüística e no Plan específico para o ensino en lingua galega elaborados ao comezo de cada ano escolar. Tendo en conta o documento de Planificación Sociolingüística do Colexio que recolle como obxectivo xeral que “os rapaces teñan ao final de cada unha das etapas educativas que atravesan a mesma competencia nas dúas linguas, tratando de acadar un equilibrio entre as dúas e fomentando o plurilingüismo como modelo idóneo de aprendizaxe”, deséñanse unha serie de actividades encamiñadas á consecución dos obxectivos sinalados nos Plans.


Os membros que forman parte do ENDL desexan compartir con compañeiros, alumnos e familias unha serie de premisas sobre o galego:


  • que é lingua propia de Galicia

  • que debe ter iguais dereitos có castelán

  • que está nunha situación minorizada e necesita un plus

  • que serve para ensinar outras materias

  • que se pode traballar pola súa normalización dende todos os ámbitos

  • que buscar a normalización do galego non significa impoñer o seu uso...



Valores

OBXECTIVOS



Valores

PROXECTO DE ACTIVIDADES



Valores

DIVULGACIÓN



Valores

TRADICIÓN



Valores

25 ANIVERSARIO DA LECTURA



Valores

SON DA XERACIÓN IGUALDADE



Valores

ABRIL, MES DO LIBRO



Valores

LUZ POZO GARZA



Valores

LETRAS GALEGAS 2020

Ver