Logo Colegio Amor de Dios
  • Nuestro colegio
  • Departamento de Orientación

Departamento de orientacion

O Departamento de Orientación está integrado pola especialista de Audición e Linguaxe (Lorena Márquez Montero), a especialista de Pedagoxía Terapéutica (Cristina Alonso Monroy), o orientador (José Antonio Muñiz Torrado) e a colaboración do profesorado que a Dirección asigna para axudar nas tarefas de reforzo.

Ten como obxectivo xeral apoiar a calidade educativa e o desenvolvemento integral e personalizado do alumnado. Os seus integrantes colaboran coas familias, alumnado e profesorado mediante accións que contribúen á prevención e asesoramento do alumnado desde a dimensión psicopedagóxica.

Calquera familia que o desexe pode falar co orientador pedindo unha cita por teléfono ou directamente en portería. Hai horarios dispoñibles de mañá e tarde.

Para falar coa especialista de A.L. ou a pedagoga coménteo co titor/titora do seu fillo/filla.