Logo Colegio Amor de Dios Verín
  • Noticias
  • Premios Europeos Stars 2019

Hoxe unha representación do noso Colexio asistiu na Subdelegación do Goberno de Ourense, ao acto de entrega de acreditacións e medallas do PROXECTO “STARS”. Un proxecto da Unión Europea coordinado pola Dirección Xeral de Trafico que pretende por en valor e acreditar aquelas actividades dos Colexios encamiñadas a fomentar una mobilidade mais sostible e segura e cuidadosa co Medio ambiente.

O acto estivo presidido polo Subdelegado do Goberno en Ourense D. Emilio González Afonso nel  participaron tamén o Xefe Provincial de Tráfico D. David Llorente e a Coordinadora de Educación Vial da DXT Dona Sinda Aguiar  e outros representantes da DXT. 

Tres foron os colexios que conseguiron á acreditación  “STARS”, O Colexio Divina Pastora e o Colexio Cardenal Cisneros de Ourense, que acadaron a Estrela de Prata e o noso Centro o CPR María Inmaculada que se proclamou vencedor acadando a acreditación con Estrela de Ouro, sendo ademais o Centro que acadou a mais alta puntuación entre todos os colexios participantes de España. NORABOA A TODOS!!!

Repercusión nos Medios de Comunicación: La Voz de Galicia, Faro de VigoO Sil.

Para ver todas as fotos da entrega de Premios, Preme Aquí.