Logo Colegio Amor de Dios Verín
  • innovación
  • ABP

ABP

Proxecto "Somos Piratas"

 

A Aprendizaxe Baseada en Proxectos ( ABP / PBL) converteuse nunha das metodoloxías activas máis eficaz e cada vez máis estendida no noso sistema educativo.

Na metodoloxía ABP os alumnos levan a cabo un proceso de investigación e creación que culmina coa resposta a unha pregunta, a resolución dun problema ou a creación dun produto. Os proxectos han de planearse, deseñarse e levar a cabo co fin de que o alumno poida incorporar, dunha maneira factual, os contidos e estándares de aprendizaxe establecidos pola lexislación educativa. A implementación do ABP permite que se poidan deseñar os temas e itinerarios de aprendizaxe con maior liberdade, de forma que o produto final xa non é o único importante senón que tamén son relevantes o proceso de aprendizaxe, a profundización e o desenvolvemento das competencias crave.

Os proxectos han de ser planeados, deseñados e levados a cabo de tal maneira que o alumno incorpore dunha maneira factual os contidos e estándares de aprendizaxe establecidos pola lexislación educativa. Aínda que, a implementación do ABP permite que se poidan deseñar os temas e os itinerarios de aprendizaxe con maior liberdade. Así, o produto final deixa de ser o único importante e, xunto a el, préstase atención ao proceso de aprendizaxe , a profundización levada a cabo polos alumnos, así como o desenvolvemento das competencias crave.

Os puntos clave da ABP, son:

  1. O alumno toma o protagonismo.
  2. É Aprender a Aprender.
  3. Non é polo fin, é polo medio.
  4. A autoestima, a colaboración, as habilidades sociais…
  5. O  ABP serve para todo o que imaxines.

Dende o Curso 2016/17 o noso Colexio leva apostado por este tipo de Aprendizaxe, coa realización de distintas actividades e proxectos, dende Ed. Infantil, pasandom por Ed. primaria e rematando en Secundaria. Proxectos como "Somos Piratas" en Ed. Infantil e as Matemáticas Manipulativas en Ed. Primaria, son os nosos referentes.