Logo Colegio Amor de Dios Verín
  • Pastoral
  • ONG Padre Usera

Un soño feito realidade: África

PREME AQUÍ PARA VER MÁIS FOTOS

Esta é a experiencia de Voluntariado que viviu a Profe Yoli (Ed. Infantil) o verán de 2018 en Milevane (África)...todo comeza así:

"Así como a vida dá a posibilidade de soñar, tamén dá a posibilidade de converter os soños en realidade."

Vin o meu soño feito realidade en MILEVANE (África) a través do proxecto que as Irmáns do Amor de Deus realizan neste país mediante o Voluntariado, pois sen proxecto os soños convértense en utopía.

Os soños non se fan realidade maxicamente, necesítase determinación e traballo e preparación psicolóxica, reflexión e excitación ante o inminente e descoñecido.
Desde Madrid o meu primeiro encontro coa realidade foi a chegada a Maputo. Aterraxe e inmellorable acollida coincidindo coa despedida da Irmá Xeral que partía en breve. De alí, voo a Quelimane onde unha nova acollida cálida e familiar nos preparou para a intensa e dura viaxe ata o noso ansiado paraíso: estradas secundarias, última fronteira da civilización, e unha durísima viaxe nun jeep que, entre fochancas, vaos de ríos imposibles e o intenso tráfico humano, depositounos despois de máis de 3 horas no paraíso, no noso ansiado Emaús africano: Milevane.

O momento no que te atopas cara a cara co teu soño é indescritible e a emoción case non te deixa pensar...Preme aquí para ler toda esta experiencia de voluntariado tan enriquecedora da Profesora Yoli.