Logo Colegio Amor de Dios Verín
  • innovación
  • Google for Education

Google for Education

Continuando coa liña innovadora e de procura de calidade que perseguimos desde o noso colexio, decidimos levar a cabo unha serie de accións para mellorar a competencia dixital dos nosos alumnos, tan importante agora e no seu futuro.

Unha delas é probar o uso de G-Suite en clase e en casa, en concreto as aplicacións de Google for Education, para explicar contido, realizar actividades e desenvolver nos nosos alumnos/as, ademais da competencia dixital, a súa capacidade de traballo en equipo, o seu espírito emprendedor e a súa creatividade á hora de presentar o froito do seu traballo.

G-Suite é un conxunto de ferramentas que permiten o traballo cooperativo en tempo real entre equipos de persoas. O uso destas ferramentas en clase aumenta a produtividade na aula e deixa máis tempo para profundar en determinados aspectos dos contidos. Ademais, os alumnos poden acceder desde calquera navegador dun computador, tablet ou teléfono smartphone no momento e lugar onde se necesite. Isto axudaralles a aprender a planificarse e decidir cando facer unha tarefa tendo en conta que teñen o acceso ao contido e coñecen a data na que todo ten que estar preparado.

Para acceder ás ferramentas de G-Suite só necesítase un usuario, un contrasinal, unha conexión a Internet e un dispositivo. Co obxectivo de facelo aínda máis sinxelo e sacarlle o máximo partido, eliximos un especialmente deseñado para iso: o Chromebook. Un Chromebook é un portátil con sistema operativo Google, o que garante unha conexión directa e sen fallos a todas as aplicacións antes mencionadas. É un computador resistente, que garante a conectividade e mobilidade e cuxa batería ten unha duración dunhas 10 horas, tempo superior a unha xornada completa de clase.

Para levar a cabo esta liña innovadora durante o Primeiro Trimestre realizarase un pilotaxe Chromebook cos alumnos/as de 6º de E. Primaria e cos de 4º de ESO, co obxectivo de familiarizar aos alumnos/as coas ferramentas dixitais de Google.

Preme AQUÍ para saber máis sobre esta Pilotaxe.