Logo Colegio Amor de Dios Verín
  • innovación
  • Proxecto Chromebook

Proxecto Chromebook

 

Os colexios Amor de Dios non entendemos o Chromebook simplemente como un dispositivo, senón como un proxecto. Desta forma, o que os alumnos/as utilizan non é soamente un computador portátil robusto e fiable, senón unha oferta integral que inclúe:

  • Un Chromebook Dell 3189, elixido como mellor chromebook para os colexios en 2018 pola súa resistencia e a durabilidad da súa batería.
  • As licenzas das ferramentas Google for Education, incluída Classroom.
  • Garantía ProSupport de Dell, que inclúe, entre outras, acceso telefónico as 24 horas para a resolución de problemas do dispositivo e do seu software, visita in situ de técnicos especialistas para realizar reparacións ou resolver un incidente.
  • Formación aos alumnos no manexo das ferramentas Google for Education.
  • Uso da rede Wifi do centro educativo.
  • A xestión administrativa do chromebook do alumno para garantir a seguridade e privacidade mentres o utiliza, quedando o chromebook enrolado no sistema do colexio.

Durante o presente curso 2018/19 os alumnos/as de 6º de E. Primaria e 4º de ESO terán acceso a este equipos, dun xeito GRATUITO, dentro dunha pilotaxe que se levará a cabo durante o primeiro trimestre. Nas distintas materias do curriculum e sempre que o profesor/a o considere oportuno, realizaranse actividades que terán como base o uso do Chromebook; estas actividades usarán as ferramentas de Google for Education (preme AQUÍ para saber máis acerca destas ferramentas) as cales serán un vieiro para acadar os obxectivos curriculares de cada materia.

Como Centro Educativo consideramos importante a adquisición por parte do alumnado dunha Competencia Dixital acorde co século XXI sen que esto signifique apartarnos en absoluto do obxectivo principal de formar ao noso alumnado na excelencia académica e persoal.

Se queres ver como traballan os nosos alumnos/as con este equipos PREME AQUÍ.