Logo Colegio Amor de Dios Verín
  • Oferta educativa
  • EDUCACIÓN ESPECIAL

EDUCACIÓN ESPECIAL

Dende 2020 contamos cunha Aula de Educación Especial, sendo o único Centro de toda a Comarca con este servizo Educativo. Dotado cun equipo profesional composto por un Orientador, dous especialistas en Pedagoxía  Terapeútica, dúas en Audición e Linguaxe e varias coidadoras, podemos dar resposta ás necesidades educativas especiais do alumnado, a través de metodoloxías específicas e con gran variedade de recursos materiais para unha correcta atención á diversidade.