Logo Colegio Amor de Dios Verín
  • Pastoral
  • Nena María 2023

Nena María 2023

O 21 de novembro celebramos a festa da Presentación da Virxe María no templo, popularmente coñecida como a Festa da Nena María.


Nela lémbrase o momento no que os pais da Virxe, San Joaquín e Santa Ana ofreceron á súa filla a Deus no templo, onde ela debía aprender e crecer nas súas crenzas e na súa fe.


María chegou a todos coas súas virtudes e desde entón o mundo soubo que sería un ser especial.


Como non podía ser doutra maneira, en recordo desa presentación, o noso cole ofreceu un curso maís aos máis pequenos, os alumnos de 3 anos á Virxe María, pedindo a súa protección durante a etapa escolar. Tamén no resto de etapas lémbralla en diferentes celebracións e oracións, constituíndo este día como un dos días de festa e convivencia que celebramos na Congregación e os Colexios do Amor De Dios.

Para ver a Galería de fotos preme na Imaxe