Logo Colegio Amor de Dios Verín
  • O noso colexio
  • Identidade

 

"A Educación é o mellor servizo que se lle pode dar a un pobo". J. Usera

 

 

A escola Amor de Deus nace no ano 1864 da man do seu fundador Jerónimo Mariano Usera co obxectivo de dotar á sociedade dunha oferta educativa cristiá na que a escola sexa un lugar de aprendizaxe, de vida e de evanxelización.
Como escola, concibe a educación como un todo, polo que coida de forma harmónica os distintos campos de aprendizaxe: aprender a coñecer, a saber e a pensar; aprender a facer; a vivir xuntos, a amar aos demais; aprender a tomar decisións e a comprometerse; aprender a ser.
Como escola católica “Amor de Deus”, é un lugar de comunidade no cal se vive e transmite a fe, a esperanza e o amor e afunde as súas raíces no carisma
fundacional dado por Deus a Jerónimo Usera cunhas características propias, orientando toda a súa actividade a espertar e estimular o desenvolvemento integral e harmónico da persoa como axente do seu propio crecemento, nas súas dimensións: individual, social e cristiá”.

 

 

O Colexio Plurilingüe María Inmaculada vén ofrecendo un servizo educativo en Verín (Ourense) dende 1947.
Polas características do contorno, o Centro cobre unas salientables necesidades educativas por ser o único colexio de toda a bisbarra que oferta
todas as etapas educativas obrigatorias: Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.
O noso Colexio está aberto a todos os que desexen unha educación enmarcada no noso proxecto sen ningún tipo de discriminación.