Logo Colegio Amor de Dios Verín
  • O noso colexio
  • Como funcionamos

Asamblea: Asi funcionamos

Estilo educativo

A nosa acción educativa, baseada no amor, ten un estilo peculiar legado polo fundador e asimilado por todos nós, que se manifesta no centro polas liñas-forza da nosa pedagoxía:

  1. Educamos dende os principios cristiáns que parten da aceptaciónde Xesús que iluminaas nosas vidas.
  2. Coiodamos esencial que o alumno/a viva o risco de facer o seu camino persoalmente, con esforzo, traballo, entusiamo, gozo e respecto, sempre acompañados polo profesorado.
  3. Espertamos nos alumnos e alumnas as condicións para que a autocreación da personalidade se faga na liña do ideal educativo.
  4. Motivamos o traballo en grupos cooperativos como experiencia de aprendizaxe e socialización.
  5. Estimulamos e reforzamos as intelixencias múltiples para chegar á excelencia que o colexio lles brinda.
  6. Situámonos na vangarda educativa, iniciándonnos na aprendizaxe baseada en proxectos.

Objetivo Xeral e Metodoloxía

O noso obxectivo xeral é formar persoas íntegras que aprendan e vivan os valores universais e cristians para construír un novo mundo a través do coñecemento e implicación na realidade.

Innovamos na metodoloxía para favorecer o desenvovemento das intelixencias múltiples co gallo de que os alumnos e alumnas sexan os principais axentes da súa educación, orientados polos educadores. Toda a nosa actividade está baseada no Amor.

  • Na dimensión individual.
    • Incentivamos a cultura do esforzo como medio de aprendizaxe e crecemento persoal.
    • Estimulamos a creatividade e xuízo critico, fomentando un clima de diálogo.
    • Favorecemos o desenvolvemento individual do alumnado, mellorando a súa autoestima e potenciando a relación no grupo de iguais co traballo cooperativo.
    • Facemos que a persoa adquira hábitos de traballo que a capaciten para un desempeño académico e profesional.
  • Na dimensión social.
    • Estimulamos e promovemos o traballo en equipo e o emprego das TIC.
    • Promovemos a escola como axente de mellora na sociedade.
    • Creamos un ambiente no que aprendan a valorar aos demais, evitando a competitividade insá.
    • Tomamos conciencia da realidade e problemática na que vive a sociedade actual.
  • Na dimensión cristiá.
    • Educamos dende os principios cristiáns.
    • Impulsamos a solidariedade cristiá co testemuño da Comunidade Educativa.
    • Optamos por una Escola aberta a todos, sen ningún tipo de discriminación.
    • Manifestamos unha visión do ser humano e da vida baseada no Evanxeo coa nosa actitude.
    • Promovemos unha escola evanxélica un novo proxecto educativo cristiá, integral e integrador.

Comunidade educativa

Para acadar os obxectivos que pretendemos, é imprescindible un sistema de corresponsabilidade. Os responsables coordinamos a nosa acción en Comunidade Educativa.

Esta Comunidade constitúense pola interacción de alumnos e alumnas, de pais e nais, profesores, profesoras e persoal do servizos.

  • Os alumnos e alumnas. Son o cerne e elemento principal da institución educativa e, ademais, suxeitos axentes da súa propia educación. A Escola ábrelle os cauces axeitados á súa participación, segundo as súas capacidades e o nivel de madureza.
  • Os pais e as mais. Son os primeiros responsables da educación das súas filias e fillos, polo que están chamados a unha participación activa na organización, planificacióne desenvolvemento do proceso educativo, a través das canles que lles son propias.
  • Os profesores e profesoras. Organizados segundo cumpra, son peza clave da Comunidade escolar. Son os dialogantes permanentes e mediadores culturais co alumnado dende o campo da ciencia, a experiencia, o testemuño de vida e a relación de compromiso e cercanía.
  • O Personal de Administración e servizos. Son parte da Comunidade Educativa cos dereitos e obrigas que lles son propios, e colaboran no desenvolvemento do proceso educativo coa realización das tarefas do seu ámbito.