Logo Colegio Amor de Dios Verín
  • O noso colexio
  • PEC

Entendemos por Proxecto Educativo de Centro (PEC) un instrumento que marca o carácter propio e personalidade do Centro referido a todo o ámbito educativo tanto a nivel organizativo e de xestión como o docente/pedagóxico. Enumera e define as súas notas de identidade e propicia unha maior unidade de criterios en todos os ámbitos da actuación educativa. Ademais, serve como punto de referencia e ten vocación de continuidade e estabilidade.

Non é algo que necesariamente haxa que cambiarse, pero si é susceptible de ser modificado cando se requira; debe ser un documento flexible, aberto, breve e claro no seu contido. Para a súa elaboración, partimos dunha contextualización clara e completa, e dunha visión de centro como unha organización que propicia cultura; lugar no que se poñen en contacto todos os elementos e factores do sistema.

As principais características do PEC, son:

  • Coñecer e analizar a contorna para elaborar as necesidades educativas propias dos alumnos/as do Centro.
  • Concretar os obxectivos educativos.
  • Elaborar un modelo organizativo.
  • Priorizar os principios e valores do Centro e da Comunidade.
  • Definir o modelo de persoa que se quere educar (competencias clave).
  • Concretar o modelo de convivencia no Centro.
  • Establecer vías de comunicación con outras institucións.

O PEC do Curso 2023/24 pode consultarse PREMENDO AQUÍ.