Logo Colegio Amor de Dios Verín
  • Familias
  • Servizos

Servicios

 

 

O Colexio conta cun servizo de Madrugadores para todos os alumnos/as do Centro contribuíndo así a compatibilizar a vida laboral e familiar.

Este servizo dará inicio o día 8 de setembro de 2022 en horario de 7:45 h. ata o inicio das clases.

A entrada realizarase por a Avda de Portugal na porta indicada para “MADRUGADORES” á subida das escaleiras en fronte ó salón de actos.

Inscripción e abono: para apuntarse no servizo de madrugadores débese cumplimentar o formulario adxunto cos datos solicitados e envialo á administración do centro: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., indicando a data de comezo neste servizo.

O tipo de asistencia pode ser fixo ou ben días esporádicos. (A asistencia nos días esporádicos comunicarase á seguinte dirección de correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. coa maior antelación posible). Si se fai uso do servizo por unha urxencia acuden directamente á hora de inicio.

O pago do servizo realizarase da seguinte forma:

  • No mes de setembro non se realizará ningún cargo.
  • O día 5 de Outubro abonaranse conxuntamente os meses de setembro e outubro, mediante cargo na conta corrente autorizada a tal efecto.
  • O día 5 de novembro abonarase o mes de novembro e así sucesivamente o día 5 do mes correspondente, mediante cargo na mesma conta.
  • Para abonar os días esporádicos, realizarase na portería do centro á maior brevidade posible.

Podes descargar a ficha de Inscripción premendo AQUÍ.

Comedor

Este servizo dará inicio o día 8 de setembro de 2022 e o tipo de asistencia pode ser fixo ou ben días esporádicos. (A asistencia nos días esporádicos comunicarase ben presencialmente ou por teléfono na portería do centro coa maior antelación posible).

O menú é elaborado no colexio, e contemplaranse alerxias e intolerancias alimentarias. Estará visible na páxina web do centro no apartado das familias.

O horario de comedor é o seguinte: de 14:05 a 15:45h e organizaranse diferentes quendas:

-  Primeira quenda: Educación Infantil

-  Segunda quenda: EP e ESO

Os alumnos á saída de clases serán acompañados polos profesores titores a dous espazos de espera  nos que serán recollidos polas coidadoras.

Os alumnos estarán atendidos en todo momento por persoal de comedor, da mesma forma que estas persoas se responsabilizarán da súa entrega para ó inicio dos talleres.

  • INSCRIPCIÓN E ABONO: para apuntarse no comedor débese cumplimentar o formulario adxunto cos datos solicitados e envialo á administración do centro: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., indicando a data de comezo neste servizo.

O pago do servizo de comedor realizarase da seguinte forma:

  • No mes de setembro non se realizará ningún cargo de comedor.
  •  O día 5 de Outubro abonaranse conxuntamente os meses de setembro e outubro, mediante cargo na conta corrente autorizada a tal efecto.
  • O día 5 de novembro abonarase o mes de novembro e así sucesivamente o día 5 do mes correspondente, mediante cargo na mesma conta.
  • Para abonar as comidas esporádicas, realizarase no momento de anotar os alumnos na portería do centro ou si a comunicación se fai por teléfono, abonarase á maior brevidade posible, tamén na portería.

Podes descargar a ficha de Inscripción premendo AQUÍ.