Logo Colegio Amor de Dios Verín
  • O noso colexio
  • Departamento de Orientación

 

O Departamento de Orientación é un órgano especializado que apoia o labor do centro, e do conxunto do profesorado, en todas aquelas actuacións encamiñadas a asegurar unha formación integral do alumnado e á adaptación dos procesos de ensino ás características e necesidades de todos os rapaces e rapazas.

Participamos na planificación das actuacións que facilitan a atención á diversidade do alumnado priorizando tres ámbitos:

- Adaptación dos procesos de ensino ás necesidades específicas.

- Plan de Acción Titorial.

- Orientación Académica e Profesional.

O noso Departamento encárgase, entre outras cousas, de:

  1. Elaborar, de acordo coas directrices establecidas pola Comisión de Coordinación Pedagóxica e en colaboración cos titores, o Plan de Orientación Académica e o Plan de Acción Tutorial.
  2. Contribuír ao desenvolvemento da orientación educativa, psicopedagóxica e profesional dos alumnos/as.
  3. Colaborar cos titores e co resto do profesorado na planificación e desenvolvemento de actividades de orientación académico-profesional e de titoría.
  4. Propoñer criterios e procedementos para realizar as adaptacións curriculares apropiadas para os alumnos con necesidades específicas de apoio educativo.
  5. Colaborar cos profesores/as do colexio na prevención e detección de problemas de aprendizaxe e na realización de actividades educativas dirixidas aos alumnos/as que presenten devanditos problemas.
  6. Formular propostas ao Claustro de profesores para mellorar os procesos de ensino.

Para facer posible estes obxectivos o Departamento de Orientación artella a súa resposta a través destes ámbitos:

- Orientación Educativa.

- Pedagoxía Terapéutica.

- Audición e Linguaxe.

- Reforzo Educativo.