Logo Colegio Amor de Dios Verín
  • Familias
  • Fondo de libros 2022/23

Fondo de Libros 2022/23

 

O DOG do 18 de maio de 2022 publicou a Orde do 29 de abril de 2022, pola que se regula a participación no fondo solidario e libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23.


A orde ten como finalidade reglar:

 A participación no fondo solidario de libros de texto. En 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria;
 A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º de educación primaria e en educación especial;
 A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

Presentación de solicitudes

1) A solicitude presentarase presencialmente nos centros docentes, ou preferiblemente por sede electrónica, utilizando o modelo ED330B regulado como Anexo I da orde, dispoñible en sede electrónica e na aplicación “Fondolibros”
2) A solicitude será única para todos os fillos/tutelados que estean admitidos no mesmo centro docente. En caso de solicitudes tramitadas a través da aplicación
“Fondolibros”, por vía electrónica, será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno aínda que estean no mesmo centro.
3) A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos esixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o 19 de maio, e rematará o día 22 de xuño de 2022 (incluído).

Documentación complementaria.

As persoas interesadas deberán presentar o Anexo I e Anexo II asinadas polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado así como a documentación xustificativa de:
- Custodia (nos casos de ruptura familiar)
- Grao de discapacidade
- Violencia de xénero
- Situación de acollemento ou de garda ou tutela administrativa.

O Anexo II deberá incluír os datos de tódolos membros da Unidade Familiar e estar asinado por eles.

Obrigas dos beneficiarios de libros procedentes do fondo solidario:

1) Devolver os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario no curso 2021/22, exceptuando o material adquirido con axuda en 1º e 2º de EP1, o material do alumnado de Educación Especial. O prazo máximo para devolvelos será o 22 de xuño de 2022.

2) Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto no curso escolar 2022/23 e devolvelos ao rematar este, no mes de xuño.

3) Destinar o importe dos vales para adquirir, exclusivamente, libros ou material escolar.