Logo Colegio Amor de Dios Verín
  • Noticias
  • Samaín en E. Infantil

Preme na imaxe para ver máis

Achégase o día do Samaín e os nenos/as de infantil estamos a preparalo con todo detalle.

Durante estes días os máis pequenos/as do colexio están entusiasmados coa festa do samaín. Ademais de participar no concurso de cabazas cada nivel quixo axudar a decorar o ximnasio do centro con manualidades orixinais.

Os nenos/as de 3 anos non dubidaron en pintar os pés para dar forma a unhas pantasmas terroríficas.

Os nenos/as de 4 anos quixeron agocharse detrás dunha máscara de cabaza e os nenos de 5 anos deseñaron uns divertidos morcegos.

Todos pasamos pola biblioteca do cole, onde tamén podían escoitar historias adaptadas para a ocasión.