Logo Colegio Amor de Dios Verín

Os alumnos/as de 4º de ESO, comezaron estes días a traballar cos equipos Chromebook nas distintas materias curriculares.

Están a usar ferramentas asociadas a GSuite, dentro do paquete de Google for Education; traballan con Drive, onde almacenan e comparten arquivos, con profesores e compañeiros. Mediante Google Sites están a elaborar o seu propio sitio web; con Classroom traballan nun aula virtual onde presentan actividades e traballos online.

Tanto a motivación como interese dos alumnos/as é moi alto, xa que é unha maneira distinta de aprender e traballar, todo elo co obxectivo de formar cidadáns dixitais que coñezan e manexen as novas Tecnoloxías. O uso destas ferramentas propicia, entre outros:

  • Permiten unha aprendizaxe máis interactiva e participativo, favorecendo o traballo colaborativo nas aulas.
  • Ábrese a posibilidade de aprender a distancia e en diferentes contextos.
  • Permite unha maior flexibilidade de horarios.
  • Posibilita que os alumnos/as poidan manter un ritmo máis personalizado ás súas necesidades.
  • É máis facilmente adaptable a alumnos/as con necesidades especiais.

Preme na Imaxe para ver o como traballan.