Logo Colegio Amor de Dios Verín

Os alumnos/as de segundo de educación primaria visitamos as instalacións do Concello de Verín. O Tenente de Alcalde, Diego Lourenzo, acompañounos durante a visita e explicounos como é o funcionamento de todas as oficinas.

Rematamos na sala de plenos onde quedamos convidados a asistir como público a un pleno de verdade. Esta saída está dentro do proxecto que estamos a desenvolver “Coñece a túa localidade”.

Preme na Imaxe para ver máis.