Logo Colegio Amor de Dios Verín

 

Os alumn@s de 4º de EP estiveron no laboratorio traballando sobre o tema das plantas de C. Naturais. Diseccionamos unha flor e tamén sementamos especies autóctonas como grelos e leitugas para facer unha horta na clase.

As prácticas de Laboratorio no estudo das Ciencias Naturais resultan moi eficaces para comprender procesos complexos, traendo como beneficios:

  • Xeran curiosidade polo descoñecido e entusiasmo para enfrontarse a un problema.
  • Requiren da participación do estudante.
  • Impulsan o traballo en equipo e a organización grupal.
  • Estimula o respecto polas opinións alleas.
  • Fomentan o espírito crítico á hora de cotejar os resultados.
  • Promoven a reflexión tras a realización do experimento para extraer conclusións.
  • Favorecen a rigorosidade no traballo realizado.

Preme na Imaxe para ver máis.