Logo Colegio Amor de Dios Verín

 

A caixiña dos ditados é unha actividade de traballo cooperativo que desenvolven os rapaces de segundo de primaria. Eles mesmos realizan os ditados e despois corrixen os seus erros, fomentando así a atención e o traballo en equipo

A práctica do ditado na escola é moi antiga e, con todo, non perdeu en todo este tempo os seus efectos positivos e prácticos. Lese unha frase ou texto en voz alta e os alumnos/as teñen que reproducir o que escoitan de forma escrita.

Pero o que a priori parece sinxelo, pode resultar complexo para aqueles nenos ou nenas que aínda non dispoñan dun correcto desenvolvemento e comprensión da linguaxe. E é que a expresión escrita é bastante máis complexa que a expresión oral, xa que require de toda unha serie de pautas gramaticales e ortográficas que é necesario aprender. O ditado consiste en escoitar atentamente e lograr comprender para alcanzar o fin último do exercicio, que non é outro que poder e saber escribir.

Preme na Imaxe para ver máis.