Logo Colegio Amor de Dios Verín

 

Hoxe tivo lugar no Salón de Actos do noso Colexio a entrega dos diplomas de nomeamento de novos titores e titoras. Tamén lle foi entregado o carné que os acredita como tales.

Aproveitando a xuntanza realizáronse actividades de cohesión entre titores e titoras con titorizados e titorizadas.

O programa TEI implementouse no Centro no pasado curso 17/18, polo que no presente curso sería o segundo ano , feito que acarrea maiores esperanzas de eficiencia e eficacia na súa aplicación.

No vindeiro trimestre continuaremos co seu desenvolvemento…

Preme na Imaxe para ver fotos da entrega.