Logo Colegio Amor de Dios Verín

 

 

Do pupitre ao salón de plenos.

Os alumnos e alumnas de 6º de EP participamos no VIII Pleno Infantil que promove o Concello de Verín.

Tratamos, xunto con outros tres centros da vila, deixando os pupitres polo salón de plenos, o tema “ a vacina do bo trato”.

A violencia, como os virus, só produce vítimas: todos saímos perdendo cando estala. Ademais, igual que pasa coas epidemias , é mellor previr que curar.

Neste pleno propúxose unha movilización escolar na que elaboraremos entre todos unha vacina de paz e bo trato, coa que intentaremos protexer a toda a nosa contorna do “violentovirus”.

Atención! Esta é unha vacina moi especial: é unha vacina que non se toma...PÉNSASE!!!

Preme na Imaxe para ver máis.