Logo Colegio Amor de Dios Verín
  • Noticias
  • Maios 2019

 

Nos anos cincuenta do século pasado, Enrique Gómez Pato percorría as rúas de Verín con tallas de madeira efémeras cubertas de plantas silvestres. A carón destas figuras, el e os seus compañeiros cantaban e difundían unhas copliñas satíricas que os veciños esperaban pola súa creatividade.

Descoñécese a orixe da tradición, encadrada nunha serie de ritos e festas encamiñadas a celebrar a fin do inverno, a aparición dos primeiros froitos ou a conseguir abundantes colleitas. Para algúns historiadores o punto de partida estaría na Prehistoria. Outros son partidarios dunha procedencia clásica (greco-romana); en particular na adoración ao deus romano Robigo vinculado ás enfermidades das colleitas; ou dos que buscan unha posible orixe celta como é o caso de Cuevillas ou Vicente Risco.

Seguindo a tradición e querendo manter viva a riqueza da nosa cultura popular, e como levamos facendo dende hai décadas, o noso Colexio “María Inmaculada” elaborou as coplas satíricas dos maios e presentou  un maio artístico que, a través dun barco, simboliza a actual contaminación dos nosos mares, tendo como obxectivo concienciar non só aos nosos alumn@s senón a toda vila de Verín sobre a urxencia do coidado do Planeta baixo o lema “A pesca do futuro”.

 

Preme aquí para ver o vídeo da exposición celebrada na Alameda de Verín.